Nesta nova edición do Observatorio tratamos de dar resposta aos problemas que se identificaron na primeira edición, polo que se explora, por unha banda, en que medida a sociedade valora e está disposta a remunerar o traballo autoral e editorial da cultura escrita e que papel cre que debería desempeñar a Administración pública. E, por outra banda, a partir do concepto de disonancia cognitiva, explorar as xustificacións e os nesgos que a tecnoloxía utiliza e que dirixen os consumidores cara á pirataría de contidos editoriais.
Este estudo foi levado a cabo por Qbo Investigación y Estrategia a partir de grupos de traballo e enquisas.

1O valor do traballo autoral
e editorial na cultura escrita

Este estudo analiza cales son os valores que os cidadáns outorgan aos contidos editoriais nas súas diferentes manifestacións e polos distintos tipos de reutilizacións que se fan destes e o papel que os cidadáns cren que debería desempeñar a Administración pública.

A cultura escrita, un ben valorado pola sociedade

A sociedade valora moi positivamente o traballo de autores e editores porque son unha garantía da calidade e credibilidade dos contidos, e prefire os seus materiais aos producidos por outros axentes.
92 %O 92 % dos consultados identifica o autor e o editor como a garantía de calidade e de credibilidade do contido, tanto nos libros como nos xornais, as revistas e as partituras.

Do colectivo autoral destacan:

  • A experiencia vital e profesional.
  • A investigación e documentación.
  • O tempo investido.
  • O estilo de escrita.

Do colectivo editorial:

  • O labor de análise de mercado.
  • A escolla dos temas e dos autores.
  • O rigor e a calidade.
  • A actividade comercial.

A cultura escrita, un ben esencial para o desenvolvemento

RECURSO TRANSFORMADOR A cultura escrita enriquece o individuo con coñecemento, creatividade e capacidade crítica; e a sociedade, con liberdade, tolerancia e avance cultural.

Os beneficios derivados da cultura escrita concrétanse en dous planos complementarios:

  • Para o individuo
  • Para a sociedade
  • Para o individuo

    É a base do coñecemento.
    Fortalece o pensamento crítico e protexe contra a manipulación.
    É un vehículo de aprendizaxe e progreso persoal e profesional.
    Supón unha parte esencial da cultura e a educación.
    Transmite valores.
    Estimula a creatividade e o enxeño.
  • Para a sociedade

    É máis crítica e libre.
    É máis tolerante, respectuosa, cívica e xusta.
    É máis culta e evolucionada.
    É máis rica no intelectual e no material.
    Presenta un maior futuro.
RECURSO VERSÁTIL A cultura escrita dá resposta ás necesidades de coñecemento, información e entretemento da sociedade e adáptase ás súas expectativas e demandas, con especial incidencia no mundo educativo e no laboral.

Atributos destacados polos cidadáns

Enriquecerme como persoa.
Medrar intelectualmente.
Ter educación e cultura.
Vivir outras experiencias e evadirme.
Fomentar a imaxinación, inspirarme, estimularme.
Axudarme a pensar por min mesmo e desenvolver unha mentalidade crítica.
Mellorar na comprensión e entendemento dos temas.
Medrar profesionalmente.
Distraerme, entreterme, divertirme
RECURSO DE CALIDADE E VERACIDADE A cultura escrita desempeña un papel chave na sociedade como fonte de coñecementos e informacións veraces e de calidade que melloran os procesos educativos e profesionais.
Os atributos que os públicos consultados máis salientan dos materiais editoriais son a súa calidade e veracidade. Consideran que proporcionan contidos e información ben fundamentados e fieis á realidade, o que facilita o coñecemento e evita a desinformación. Ademais, valoran o uso dun criterio e linguaxe acaídas, que contribúen á claridade e accesibilidade dos temas tratados. Estes materiais son tamén apreciados pola súa capacidade para estruturar e guiar o proceso de ensino no ámbito docente pois facilitan a aprendizaxe e melloran a comprensión e o desenvolvemento dos estudantes e profesionais.
O papel da Administración

É precisa unha Administración pública que valore e respecte os dereitos de propiedade intelectual

Importancia da protección da propiedade intelectual Existe un amplo consenso na sociedade sobre a importancia dos dereitos de propiedade intelectual e a necesidade de as Administracións públicas se involucraren na súa protección e respecto.
93,97 %
O 93,97 % dos consultados considera importante a propiedade intelectual para o desenvolvemento da sociedade.
87,57 %
O 87,57 % dos consultados considera preciso que a Administración pública lidere o recoñecemento e respecto dos dereitos de propiedade intelectual.

RAZÓNS PARA APOIAR OS AUTORES E EDITORES

A Administración pública que inviste nos autores e editores mellora a sociedade, asegura o futuro, impulsa a educación e o progreso profesional e fortalece a reputación do sector público. As razóns polas que os consultados consideran que o sector público debería interesarse pola cultura escrita e investir nos autores e editores de contidos editoriais son as seguintes:

ACCIÓNS DE APOIO Á CULTURA

A cultura escrita é o noso patrimonio cultural e debe ser fortalecido e protexido pola Administración pública, pois é a nosa garantía de futuro como individuos e como sociedade.

2Coñecer o pirata e as súas motivacións

Dado o incremento da pirataría nos últimos anos, no Observatorio levouse a cabo un estudo que favoreza a comprensión en profundidade dos argumentos que esgrimen os consumidores piratas para xustificaren esta actividade ilícita, así como os nesgos que a tecnoloxía explota neste contexto, co obxectivo de, partindo dos resultados extraídos, poder deseñar unha estratexia que axude a combater esta práctica ilícita desde a súa raíz cognitiva.

80 %O 80 % dos consumidores considera que é o mesmo piratear un libro dixital que roubalo fisicamente, aínda así, o roubo dixital de contidos continúa medrando.

A pirataría, unha práctica moi estendida

Este novo estudo corrobora que a pirataría de contidos editoriais está amplamente estendida e normalizada a pesar das opcións legais dispoñíbeis:
67,50 %dos consumidores de publicacións editoriais faino a través de canles ilícitas, existindo diferentes niveis de conciencia sobre a pirataría.

Analizando este tipo de accesos, existen dous tipos de piratas:

Non consciente:

Accede aos contidos desde canles susceptíbeis de seren accesos piratas (o 40 % da poboación que consome de xeito ilícito contidos editoriais).

Consciente:

É o pirata en sentido estrito. Sabe distinguir que contido é pirata e, aínda así, accede ilegalmente (o 60 % da poboación que consome de xeito ilícito contidos editoriais).
Para loitar contra a pirataría, é preciso, primeiro, informar ao pirata non consciente de que está desenvolvendo unha actividade ilícita e, segundo, é necesario axudar ao pirata consciente a mudar a súa maneira de pensar. Neste último caso, é preciso desenvolver unha estratexia que teña en conta as xustificacións que proporcionan estes usuarios, así como os nesgos cognitivos que hai detrás delas.

A viaxe da pirataría

A viaxe do pirata de publicacións editoriais consiste en buscar, descargar e, ás veces, compartir, contidos editoriais ilegalmente para logo lelos en formato dixital.

Xustificacións da pirataría

Os consumidores xustifican a pirataría de contidos editoriais, producida pola disonancia cognitiva, ao minimizaren o conflito entre a súa acción ilegal e a súa ética ou moral, ao crer que non teñen o coñecemento necesario para actuar doutro xeito, que non existen medidas efectivas contra a pirataría ou que as consecuencias son mínimas.

Estas xustificacións clasificáronse en 9 grupos:

Nesgos cognitivos, tecnoloxía e pirataría de contidos editoriais

Os nesgos que máis inflúen na pirataría de contidos editoriais son aqueles que facilitan a xustificación do comportamento, os que reforzan a percepción de que é unha práctica común ou aceptada e os que minimizan a percepción das consecuencias negativas ou a necesidade de considerar as implicacións éticas e legais.

Identificáronse unha serie de nesgos cognitivos que afectan ás xustificacións da pirataría da cultura escrita:

3Zoom: intelixencia artificial xenerativa
Clave na cultura escrita, onde se require dun mercado dixital equilibrado e ético

A Unión Europea regulou por primeira vez a intelixencia artificial. O texto legal aprobado aplicarase de xeito gradual desde agosto de 2024 até 2027 co obxectivo de favorecer un desenvolvemento seguro e respectuoso cos dereitos fundamentais.
Desde o punto de vista da propiedade intelectual, esta normativa exixe transparencia no uso de materiais protexidos e tamén na identificación de materiais xerados por IA, aínda que proporciona unha protección mínima aos dereitos dos autores cuxas obras se utilizan no adestramento destes modelos.

Riscos

  • Falta de remuneración
  • Desvalorización creativa
  • Falta de remuneración

    Moitas das empresas que desenvolven IA xenerativa utilizan contidos sen a autorización nin a remuneración pertinente aos seus titulares de dereitos. Isto provoca distorsións no mercado dixital, fomenta a competencia desleal, o que compromete a viabilidade do traballo de escritores, tradutores, xornalistas e editores.
  • Desvalorización creativa

    A xeración automática de contidos por IA presenta riscos para a sociedade polas dificultades para diferenciar entre obras orixinais e xeradas. Isto supón unha ameaza á sostibilidade do sector, xa que devalúa a creatividade humana e debilita os dereitos de autor. Ademais, os nesgos cognitivos que desenvolven os contidos producidos por IA poden influír aínda máis negativamente nas crenzas e valores da sociedade.

Mercado dixital sostíbel e ético

As Administracións públicas deberían fomentar medidas que garantan un mercado dixital sostíbel, que fomente a competencia entre empresas desenvolvedoras de IAX, a protección dos datos dos titulares de dereitos afectados, así como os seus dereitos de propiedade intelectual, a través de sistemas de licenciamiento, e, por suposto, a creatividade humana.

4Solucións

A Administración debe protexer a cultura escrita, que é o noso patrimonio, a nosa garantía de futuro como individuos, como sociedade e como país. Achega riqueza no ámbito educativo e desenvolve habilidades que aumentan a eficiencia e a competitividade no ámbito profesional. O investimento en cultura escrita por parte do sector público contribúe a mellorar a súa propia imaxe ante a sociedade.

Este apoio debería concretarse nos seguintes aspectos:

Definir políticas públicas co fin de recoñecer social e economicamente os contidos editoriais de calidade e os dereitos de propiedade intelectual dos seus autores e editores, tanto no ámbito educativo como no profesional, for no mundo analóxico ou no dixital, incluíndo a IAX.
Desenvolvemento de campañas efectivas contra a pirataría de contidos editoriais, que teñan en conta as xustificacións que os cidadáns dan para levar a cabo estas accións ilícitas e os nesgos cognitivos que a tecnoloxía explota.
Educar e formar en boas prácticas sobre a propiedade intelectual cos recursos existentes en todos os ámbitos da sociedade, especialmente na comunidade educativa.