O Observatorio da Sostibilidade da Cultura Escrita é unha iniciativa do sector editorial representado por CEDRO, cuxo principal obxectivo é levar a cabo unha análise da situación dos dereitos de autoría do sector editorial en España, co fin de informar e promover as mudanzas necesarias que garantan a sostibilidade do sector editorial, un dos motores económicos do país cunha achega aproximada ao PIB do 1 % e a terceira industria editorial a nivel internacional con maior cota estranxeira de mercado.

O sector editorial de España, en desvantaxe competitiva fronte a Europa

Análise da situación dos dereitos de autoría xerados pola reutilización de libros, xornais, revistas e partituras

O sector editorial sofre unha situación de devantaxe competitiva respecto dos países da contorna europea en relación con dereitos de autoría xerados pola reutilización das súas obras (dixitalización, fotocopias, comunicación pública, etc.).

A pesar de que os titulares de dereitos fixeron o esforzo de facilitar a reutilización dos seis contidos a un prezo moi asequíbel (as súas tarifas están por debaixo da media europea), os autores e editoras non están sendo remunerados de forma axeitada polos usuarios das súas obras, tampouco por parte do sector público. A todo iso hai que sumar o grave impacto que os elevados índices de roubo dixital de contidos editoriais xeran ao sector. Estes factores compromenten a sostibilidade da cultura escrita e a saúde democrática en España.

01Mercado legal

Remuneración pola reutilización de contidos esitoriais en Europa

A análise da situación dos dereitos de autoría xerados pola reutilización de libros, xornais, revistas e partituras, Análise comparada da situación dos dereitos de autoría por usos secundarios dos contidos editoriais en Europa, foi dirixida polo profesor Julio Cerviño, do Departamento de Economía da Empresa, da Universidad Carlos III. Neste estudo analízase e cuantifícase a desvantaxe competitiva que sofre o sector da cultura escrita de España debido á falta de remuneración pola reutilización das súas obras.

TARIFAS MAIS ASEQUÍBEIS

A tarifa media en España pola reutilización de contidos editoriais é un 38,25 % máis baixa que a media europea (ponderada a paridade de poder adquisitivo).

Sectores

  • Administracións públicas
  • Primaria
  • Secundaria
  • Formación de idiomas
  • Ensino musical elemental – físico *
  • Ensino musical medio – físico *
  • Ensino musical superior – físico *
  • Ensino musical elemental - epartitura *
  • Ensino musical medio – epartitura *
  • Ensino musical superior - epartitura *
  • Bibliotecas
  • Bibliotecas (Préstamo público)
  • Universidade **
España
  • 10,31 €
  • 2,16 €
  • 3,34 €
  • 2,10 €
  • 5,97 €
  • 6,27 €
  • 6,47 €
  • 7,81 €
  • 8,12 €
  • 8,32 €
  • 0,06 €
  • 0,003 €
  • 10,35 €
Media
  • 10,07 €
  • 5,57 €
  • 6,60 €
  • 6,70 €
  • 6,66 €
  • 7,22 €
  • 18,05 €
  • 7,75 €
  • 7,80 €
  • 30,59 €
  • 0,17 €
  • 0,110 €
  • 10,23 €
Variación
  • 2,38 %
  • -61,22 %
  • -49,39 %
  • -68,66 %
  • -10,36 %
  • -13,16 %
  • -64,16 %
  • 0,77 %
  • 4,10 %
  • -72,80 %
  • -64,71 %
  • -97,20 %
  • 1,17 %
* No caso da formación musical, non son cantidades comparábeis, dado que as tarifas de CEDRO para a formación musical inclúen, alén da autorización, contido a través de ePartitura, unha aplicación que facilita a partitura en soporte dixital.
** No caso de Universidade, a pesar de que a tarifa aplicábel é a que aparece representada, o habitual é que as universidades españolas aboen unha cantidade pactada con CRUE (Conferencia de Reitores das Universidades Españolas), que xera unha tarifa de aproximadamente 1,79 euros por alumno/a. Este acordo renóvase periodicamente.

REMUNERACIÓN MEDIA POLA REUTILIZACIÓN DE CONTIDOS EDITORIAIS

A remuneración per cápita media por dereitos de autoría en Europa supera os 1,52 euros/ano mientras que en España es de 0,48 euros/ano
Existe un baixo nivel de concienciación sobre a necesidade de remunerar aos creadores e editores da cultura escrita pola reutilización dos seus contidos. Así o amosa a remuneración per cápita, que é inferior á media europea.

Un caso especial: a reutilización interna de prensa

REMUNERACIÓN DO SECTOR PÚBLICO POLA REUTILIZACIÓN DE CONTIDOS EDITORIAIS

AVERIGUA CAL SERÍA A RETRIBUCIÓN DO SECTOR

Coas tarifas actuais, que recada o sector editorial pola reutilización dos seus contidos a través de licenzas de dereitos de autoría?

O sector editorial recada 6,63 millóns de euros, dos que:

0,5millóns de euros

son achegados polo sector público

Coas tarifas actuais, que ocorrería se o grao de cuprimento dos sectores público e privado fose equivalente ao dos países da nosa contorna?

O sector editorial recadaría 44,67 millóns de euros pola reutilización dos seus contidos, dos que:

24,93millóns de euros

sería achegados polo sector público

Coa tarifa media europea, que ocorrería se o grao de cumprimento dos sectores público e privado fose equivalente ao dos países da nosa contorna?

O sector editorial recadaría 72,34 millóns de euros pola reutilización dos seus contidos, dos que:

40,38millóns de euros

ccorresponderían ao sector público

EFECTOS DUN INCREMENTO DA RECADACIÓN DO SECTOR EDITORIAL VÍA DEREITOS DE AUTORÍA

02Mercado ilegal

Impacto do roubo de contidos editoriais

Tal e como establece o informe Piratería en liña de contidos editoriais en español, dirixido por Héctor Jiménez, director executivo de Qbo Investigación y Estrategia, a piratería editorial tivo unha evolución distinta á do resto dos contidos culturais. Nun principio, esta actividade ilícita baseábase na copa ou impresión de exemplares físicos. Os avances tecnolóxicos trouxeron consigo un incremento desta actividade ilegal que atenta contra a sostibilidade da indurtria editorial. Este informe, que parte de datos obxectivos de tráfico a webs ilícitas do sector editorial e do conxunto de accesos a contidos culturais proporcionados por MUSO (empresa que leva a cabo os estudos da Oficina de Propiedade Intelectual da Unión Europea, EUIPO), pon en evidencia que, a pesar dos esforzos das industrias editoriais e os creadores e as melloras no amrco normativo apra protexer as obras, a piratería continúa medrando.

PAÍSES CON MAIOR COTA DE MERCADO ESTRANXEIRA

En proporción do valor da facturación de cada país.

Evolución e proporción dos accesos a web ilícitas de contidos editoriais respecto do total

O 27,5 dos accesos a páxinas web ilícitas son de contido editorial, o que supón un crecemento do 59,14 % respecto a 2021.

Intensudade de accesos por país

AS HIPÓTESES

A maior desencolvemento cultural, máis roubo de contidos

A malor desencolvemento cultural, máis roubo de contidos

O nivel de acceso a contidos editoriais ilícitos descede significativamente naqueles países con menos desenvolvemento cultural cunha correlación do 59,81%, o que significa que o acceso a contidos ilícitos é explicado por un indicador cultural, en consecuencia, xestionábel desde políticas de concienciación social

A maior PIB, máis roubo de contidos

A maior PIB, máis roubo de contidos

O coeficiente de correlación entre PIB e acceso a páxinas ilícitas é do 71%, o que quere dicir que a maior riqueza hai máis consumo ilícito. Isto significa que non se rouban estes contidos por razóns económicas, Ademais, extráense diferentes conclusións: O consumo ilícito é proporcional ao tamaño económico do país. As economías fortes xeran demandas culturais fortes. Se os países con maior capacidade económica levana cabo máis políticas antifraude, ditas políticas non son suficientes.

AS RAZÓNS

FACTORES DE COMPORTAMENTO

Non se sabe identificar se o contifo consumido é pirata

Disonancia cognitiva: sábese que está mal, mais faise por motivos prácticos

Razones para parar de usar contenidos digitales desde fuentes ilícitas
Indicó que ha usado sitios web ilegales de contenido on line durante los últimos 12 meses. ¿Cuáles son las razones que te harían dejar de utilizar estas fuentes ilegales? Muestra: 3.935

USOS NON AUTORIZADOS E CREITERIOS ESG

Ambiental (Environmental), Social (Social) e Gobernación (Governance)
  • Impacto
    ambiental
  • Impacto
    social
  • Impacto na
    gobernación empresarial
  • Impacto ambiental:
    Pegada de carbono

    A piratería xera un incremento innecesario de recursos por parte dos centros de datos.

    Por iso, a redución dos índices de piratería de contidos editoriais axudaría a facer máis sostíbeis estes centros e que non entren en conflito co uso de recursos naturais vitais, como é o caso da auga.
  • Impacto social:
    Retroceso en dereitos na cultura escrita.

    A Comisión Europea fisou criterios apra identificar actividades sostíbleis e socialmente responsábeis, e incluíu o cumprimento dalgunhas normas, como a Declaración Universal dos Dereitos Humanos e o Pacto Internacional dos Dereitos Económicos, Sociais e Culturais.

    En ambas normas se reconoce el derecho y la obligación de respetar y proteger la creación. En concreto, el artículo 15 del Pacto reconoce tres derechos a toda persona: a participar en la vida cultural; a gozar de los beneficios del progreso científico y de sus aplicaciones; y a beneficiarse de la protección de los intereses morales y materiales que le correspondan por razón de las producciones científicas, literarias o artísticas de que sea autora. En ambas as dúas normas recoñécese o dereito e a obriga de respectar e protexer a creación. En concreto, o artigo 15 do Pacto recoñece tres dereitos a toda persoa: a participar na vida cultural; a gozar dos benficios do progreso científico e das súas aplicacións; e a se beneficiar da protección dos intereses morais e materiais que lle correspondan por razón das producións científicas, literarias ou artísticas de que sexa autora. A piratería de contidos editoriais vai en contra dos dereitos fundamentais das autoras e editores da cultura escrita a exerceren estes tres dereitos.
  • Impacto na gobernación empresarial:
    Cumprimento normativo

    Dentro da boa xestión do Goberno corporativo están as súas políticas de cumprimento e a mitigación dos riscos, incluídos os relacionados coa propiedade intelectual.

    Por tanto, é preciso dispor das autorizacións de dereitos de autoría necesarias para a reutilización de contidos editoriais, así como facer un uso responsábel dos dispositivos da empresa e non utilizalos para descargar de xeito ilícito ditos contidos.

03Solucións

Co fin de reverter a desvantaxe competitiva que sofren os autores e editoras da cultura escrita, debido á falta de remuneración dos seus dereitos de propiedade intelectual pola reutilización das súas obras e polo roubo dixital destas, é preciso:
Remunerar de xeito adecuado a reutilización dos contidos e que sexa a Administración pública a que lidere este proceso, tal e como sucede nos países da nosa contorna.
Dispor dun organismo na Administración con facultades e recursos para levar a cabo a supervisión e o control do cumprimento da normativa de Propiedade Intelectual en tosos os sectores, privados e públicos, como sucede en países como Francia.
Impulsar medidas lexislativas dirixidas á loita contra a piratería, promovendo mecanismos que permitan actuar de xeito dilixente e áxil no ámbito das plataformas tecnolóxicas, incluídos os servizos de mensaxería como WhatsApp.
Adecuar a remuneración de maneira paulatina á media europea.
Educar e formar en boas prácticas sobre a propiedade intelectual cos recursos existentes a todos os ámbitos da sociedade, nomeadamente na comunidade educativa.

A voz dos protagonistas.
Manuel Vilas, Escritor

A voz dos protagonistas.
Marta Martínez, Consejera Delegada de Grupo Anaya